Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao respecto do decreto sobre a lingua

Soberbia, desprezo e exemplo de deterioro do ensino público, reprocha o PSdeG a Feijoo

Para o deputado Guillermo Meijón, a decisión de Educación é a proba definitiva da ruptura do PP co Plan Xeral de Normalización da Lingua".

Redacción - 09:15 15/03/2010

O voceiro en materia de Ensino do PSdeG, Guillermo Meijón, acusou este domingo a presidente da Xunta e conselleiro de Educación de romperen "a estabilidade, cohesión e coherencia" que na súa opinión existía até o de agora nos centros educativos e na sociedade con respecto á lingua. Segundo Meijón, as recentes decisións do PP desde a Xunta trasladan aos centros "responsabilidades e conflitos" e configuran un "caos" no que a Xunta "lava as mans como Pilatos e que cada quen zafe como poida". "É a mellor mostra da soberbia e o desdén cos que a Xunta tratou o clamor da sociedade galega", opina Guillermo Meijón.

Para o deputado socialista, o novo borrador sobre o decreto da lingua no ensino descobre que o presunto fomento do inglés era "a gran mentira de Feijoo". Para Meijón, na práctica, a norma que pretende introducir o PP "contribúe ao deterioro do sistema público educativo en coherencia coa axenda cada vez menos oculta do Partido Popular". "É a proba definitiva da ruptura do PP co Plan Xeral de Normalización da Lingua" aprobado por unanimidade en 2004 na Cámara e, sobre todo, a constatación de que "para Núñez Feijoo a nosa lingua é un idioma de inferior categoría", laiouse.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: