Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Eladio Fernández cambia de partido

Hai seis meses denunciaba irregularidades na Deputación de Ourense, hoxe ficha polo PP

O que foi vicesecretario da executiva provincial do PSdeG en Ourense, anuncia que marcha do partido para afiliarse ao proxecto "ilusionante" de Xosé Manuel Baltar.

Redacción - 13:30 11/03/2010
Eladio Fernández

Eladio Fernández

Á pilotaxe do carballinés Manuel Pachi Vázquez no PSdeG-PSOE e, en particular, do PSdeG ourensán, apareceulle un furado sorpresa na mañá deste xoves. Eladio Fernández, quen ostentaba o cargo de vicesecretario da executiva provincial dos socialistas ourensáns, e ademais voceiro do PSOE no Concello de San Cibrao, confirmou que se dá de baixa no partido. Fernández anunciou tamén que pasar a militar no PP e explicou que o cambio se debe ao proxecto "sólido, fiábel e ilusionante" do novo presidente do PPdeG ourensán, Xosé Manuel Baltar.

Paradoxalmente, Eladio Fernández comparecera con outros membros do PSdeG ourensán en máis dunha ocasión para denunciar as prácticas do PP provincial. Así por exemplo o facía aínda o verán pasado, cando lle presentaba aos medios unha lista de contratación de máis de setenta persoas para a Deputación de Ourense, denunciando que todas elas formaran parte das listas do PP nas eleccións municipais de 2007. Fernández acusou daquela directamente ao presidente da institución, Xosé Luís Baltar, acusando o PP ourensán de "irregularidades" de "uso ilegal" do ente provincial. "A Deputación non pode ser un lugar onde se paguen favores políticos", criticaba Eladio Fernández. 


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: