Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGRO

Unións alerta de que as explotacións gandeiras máis desfavorecidas perderán 6,3 millóns en axudas

O sindicato pide que o Goberno busque solucións compensatorias para 2.971 granxas que quedaron fóra dos fondos da PAC.

Redacción - 18:28 10/03/2010

As normas son xerais e raras veces atenden a razóns específicas. Isto é o que lle vén de pasar a 2.971 granxas que quedarán sen axudas da Política Agraria Común (PAC) por mor de non atoparse encadradas en zonas definidas como desfavorecidas ou de montaña. Dende Unións Agrarias pídenlle á Xunta que artelle solucións compensatorias para as explotacións que deixarán de percibir axudas.

Dende Unións consideran que o Goberno debe articular unha liña de axudas para este ano de 7,7 millóns de euros para axudarlle a estas granxas, tal e como fixo xa o executivo asturiano.

Poden ampliar na páxina de Unións Agrarias


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: