Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mobilizacións este 10 de marzo

Nun momento "crucial", o naval irá á folga o Día da Clase Obreira

"Se non facemos esta folga seguirán acordando o que queiran, vendendo o noso dereito ao traballo e anos de loita", advirten desde a CIG ao fío da convocatoria.

Redacción - 12:05 09/03/2010

Hai poucas semanas que se modificou o convenio do naval do réxime de contratación temporal. O acordo foi asinado en exclusiva polos sindicatos CCOO e UXT coa patronal e desde a CIG xustifican o seu rexeitamento a ese pacto porque cambia o regulamento da contratación de traballadores con máis de doce meses de antigüidade no sector.

Desde a CIG critican o paradoxo de seren acusados de "racismo" por denunciar a introdución de man de obra barata. Argumentan desde o sindicato con casos concretos: "Todos sabemos que menten eles, senon preguntémonos canto cobran os mais de 200 traballadores de Portugal que están no Barco de Barreras en Bouzas?". "Eles son os racistas que explotan os de forá e déixannos sen traballo aos de aquí", subliñan. Agoiran que a situación vaise complicar aínda máis coa aplicación da Directiva Europea de Servizos (coñecida como directiva Bolkenstein) incorporada recentementeao marco estatal e galego, e que permitirá ás empresas de forá "vir cos salarios do seu país de orixe e na que moitas empresas de aquí montarán empresas forá para poder pagar os salarios mais baixos".

Por este motivo, a CIG fíxolle saber a UXT e CCOO que desconvocarán a folga só no caso de que se comprometan a participar nunha asemblea cos traballadores do sector comprometéndose a cumplir o convenio, na contratación, a non aceptar a bolsa de horas e a regular as quendas con acordo dos traballadores. "En asamblea como fixemos sempre, porque son os traballadores os que teñen a palabra e o dereito a decidir", afirman, lembrando que é unha loita imprescindíbel para non enterrar os valores polos que xa loitaban no 1972 e en plena ditadura os traballadores daquela represaliados, entre outros, Amador e Daniel, mortos o 10 de marzo daquel ano a disparos da policía.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: