Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festa dos Nominados

'A Esmorga' e 'O segredo dos Hoffman' acaparan candidaturas nos XIV María Casares

14 espectáculos optan a algunha das 13 categorías dos premios de teatro da AAAG. Gonzalo Uriarte levará o premio de honra Marisa Soto.

Redacción - 10:50 04/03/2010

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fixo públicos os nomes dos finalistas aos XIV Premios de Teatro María Casares, durante a terceira Festa dos Nominados. A cerimonia, á que acudiron un cento de profesionais, tivo lugar na nova sede da entidade, no polígono Novo Milladoiro, en Ames.

Dos 34 espectáculos que se presentaron, 14 obtiveron candidaturas nalgunha das 13 categorías do certame. A entrega dos premios, que será cando se coñezan os gañadores, terá lugar o 24 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

As dúas obras que acumulan máis posibilidades de obter algún premio son A Esmorga, de Sarabela Teatro, e O Segredo dos Hoffman, de Lagarta, Lagarta, con 12 e sete candidaturas, respectivamente.  O presidente da AAAG, Vicente Montoto, anunciou que o premio de honra Marisa Soto deste ano entregaráselle a Gonzalo Uriarte, que fora o primeiro presidente da entidade, en 1985.

A lista de candidaturas é a seguinte:

Mellor maquillaxe
Fanybell, por Atra Bile, de Teatro de Ningures
Raquel Fidalgo, por A Esmorga, de Sarabela Teatro
Fanybell, por Testosterona, de Chévere

Mellor vestiario
Carlos Alonso, por Saltimbanquis, de Teatro do Morcego
Cloti Vaello, por Bicharada, de Berrobambán
Ruth D. Pereira, por A Esmorga, de Sarabela Teatro
Susa Porto, por O Xogo de Yalta-Afterplay, de Teatro do Atlántico

Mellor iluminación
Baltasar Patiño, por As Dunas, do Centro Dramático Galego
David Deive, por Saltimbanquis, de Teatro do Morcego
Suso Díaz, por A Esmorga, de Sarabela Teatro

Mellor música orixinal

Fran Pérez "Narf", por O Segredo dos Hoffman, de Lagarta Lagarta
Manuel de Dios e Yury Sidar, por A Esmorga, de Sarabela Teatro
Manuel Riveiro, por A Pensión, de Redrum Teatro
Xacobe Martínez, por Testosterona, de Chévere
Xavier Constenla, por O Xogo de Yalta-Afterplay, de Teatro do Atlántico

Mellor adaptación-tradución

Artur Trillo, por Palabras Encadeadas, de Talía Teatro
Begoña Muñoz e Carlos Couceiro, por A Esmorga, de Sarabela Teatro
Roberto Salgueiro, por O Segredo dos Hoffman, de Lagarta Lagarta

Mellor texto orixinal

Manuel Lourenzo, por As Dunas, do Centro Dramático Galego
Mofa & Befa, por Shakespeare para Ignorantes, de Producións Teatrais Excéntricas
Santiago Cortegoso, por Os Cómicos Dell'Auto, de Teatro de Ningures

Mellor escenografía

Paco Conesa, por Glass City (Cidade de Cristal), de Teatro do Noroeste
Rodrigo Roel, por O Xogo de Yalta-Afterplay, de Teatro do Atlántico
Suso Díaz, por A Esmorga, de Sarabela Teatro

Mellor actriz secundaria
Blanca Cendán, por Saltimbanquis, de Teatro do Morcego
Fina Calleja, por A Esmorga, de Sarabela Teatro
Iolanda Muíños, por Saltimbanquis, de Teatro do Morcego
Rebeca Montero, por O Segredo dos Hoffman, de Lagarta Lagarta
Rosa Álvarez, por A Esmorga, de Sarabela Teatro

Mellor actor secundario
Tito R. Asorey, por A Esmorga, de Sarabela Teatro
Quico Cadaval, por Shakespeare para Ignorantes, de Producións Teatrais Excéntricas
Xosé Barato, por O Segredo dos Hoffman, de Lagarta Lagarta

Mellor actriz protagonista
Belén Constenla, por O Segredo dos Hoffman, de Lagarta Lagarta
Mónica Camaño, por Kvetcth, unha Comedia Americana sobre a Ansiedade, de Teatro do Morcego
Patricia de Lorenzo, por Testosterona, de Chévere

Mellor actor protagonista
Josito Porto, por A Esmorga, de Sarabela Teatro
Toño Casais, por Palabras Encadeadas,  de Talía Teatro
Víctor Mosqueira, por Shakespeare para Ignorantes, de Producións Teatrais Excéntricas

Mellor dirección
Ánxeles Cuña Bóveda, por A Esmorga, de Sarabela Teatro
Artur Trillo, por Palabras Encadeadas, de Talía Teatro
Rosa Álvarez, por O Segredo dos Hoffman, de Lagarta Lagarta
Xesús Ron, por Testosterona, de Chévere

Mellor espectáculo

A Esmorga, de Sarabela Teatro
O Segredo dos Hoffman, de Lagarta Lagarta
Palabras Encadeadas, de Talía Teatro


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: