Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fronte ao lento avance do proxecto

Queixas ao PP polo "boicot" á Autovía Costa Noroeste

Os socialistas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña constitúen unha plataforma para a reivindicación desta infraestrutura.

Redacción - 12:15 21/02/2010

Aseguraba aínda hai poucos días o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que en 2011 estarán en obras todos os tramos pendentes da Autovía Costa Noroeste, eixo fundamental para a vertebración do país. Mais paradoxalmente, a axenda oficial da Consellaría de Infraestruturas mantén a data de 2017 como data de finalización das obras.

Na práctica, e segundo denuncian desde o PSdeG, estaría a falta de compromiso do PP con este proxecto, ao que considerarían secundario. Por este motivo, os socialistas anunciaron esta fin de semana a constitución da 'Plataforma Autovía Costa Noroeste' co obxectivo de "evitar o boicot" do PP. Así o acordaron nun acto celebrado en Cariño con presencia de representantes socialistas das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña.

Nun encontro a celebrar a próxima fin de semana en Viveiro, presentarán un documento co que buscarán o "consenso" das forzas políticas e axentes sociais, coa meta de "desbloquear" a construción desta vía de alta capacidade que debe unir Ferrol e San Cibrao. Recordan que se trata dunha iniciativa que xorde dun acordo previo xa achegado ao Parlamento, onde se instaba á Xunta a impulsar un acordo co goberno español para a aprobación dun cronograma "con prazos e presupostos" que garantise que esta vía se vai rematar en 2014.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: