Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A norma queda suspendida

O Constitucional admite o recurso contra a lei de caixas

En plena negociación entre Xunta e goberno español sobre a posíbel reforma do texto, a sentenza do tribunal paraliza a lei aprobada polo Parlamento de Galicia.

Europa Press - 13:35 18/02/2010

O pleno do Tribunal Constitucional (TC) decidiu este xoves admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade interposto polo goberno español contra a Lei de Caixas galegas e suspender os preceptos impugnados.

Así consta no documento elaborado polos membros do pleno, reunidos este xoves, no que sinalan que acordan "admitir a trámite" o recurso de inconstitucionalidade promovido polo Presidente do goberno español e, na súa representación e defensa, polo Avogado do Estado, en relación con dez puntos da lei galega, a reforma da cal foi aprobada o pasado decembro no Parlamento de Galicia, cos votos a favor de PPdeG e BNG e o rexeitamento do PsdeG.

Do mesmo modo, o Constitucional acepta tamén a suspensión da norma que o Estado solicita no recurso. Paralízase "a vixencia e aplicación dos preceptos impugnados" dende a data de interposición do recurso, o pasado 9 de febreiro para as partes do proceso. Para os terceiros, a decisión terá efecto dende que "o día en que apareza publicada a suspensión no Boletín Oficial do Estado".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: