Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Resposta do goberno español

"O centro contra a contaminación mariña fará a mesma función en Madrid ca na Coruña"

O executivo estatal confirmoulle ao BNG que o organismo creado logo da catástrofe do Prestige foi trasladado.

Redacción - 13:10 14/02/2010

O goberno español confirmoulle ao voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jonquera, que o Centro de Prevención e Loita contra a Contaminación Mariña (Cepreco) foi trasladado da Coruña a Madrid. Nunha resposta escrita sinala que "o servizo en Galiza non deixou de prestarse, cuestión diferente é que vaia facer cunha determinada organización ou emprazamento físico".

Jonquera denunciou a estratexia "recentralizadora" do goberno que trata a Galiza como periferia. "En Galiza temos a tráxica experiencia de cinco mareas negras dende 1975 e fronte ao litoral galego circulan cada ano máis de 43 mil buques; dos que 3.500 son petroleiros, uns dous mil gaseiros e máis de 2.500 tranportan produtos químicos".


2,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: