Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Sociedade da Información

A Xunta crea outro observatorio TIC

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia pretende unir as competencias do OGSI e do OCEG.

Redacción - 12:15 06/02/2010

A Xunta aprobou no Consello deste xoves a creación dun novo organismo: o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), nado da fusión do Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI) e do Observatorio da Calidade e da e-Administración (OCEG). Ademais, asumirá algunhas das funcións de Mancomún.

O decreto aprobado polo Goberno pretende levar a cabo "unha actuación máis eficiente que evite a superposición" de dous órganos cuxas funcións colidían moitas veces. Segundo o texto, o novo observatorio será un órgano asesor que avaliará a evolución da sociedade da información e da modernización das administracións públicas.

O OSIMGA dependerá da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que xa asumira os dous observatorios dos que derivará. Tamén contará cun pleno con representación doutras consellerías, do Instituto Galego de Estatística, do goberno español, da universidade, da FEGAMP e de "personalidades de recoñecido prestixio" na materia.

De cara a este ano, o novo observatorio terá o cometido de realizar as enquisas á poboación e ás empresas sobre a sociedade da información en Galiza, un estudo sobre as empresas TIC, o mapa da Administración electrónica nos concellos e a enquisa sobre e-Administración na Xunta. Así mesmo, asumirá os estudos sobre o estado de implantación do software libre e as análises de penetración da banda larga.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: