Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Cinema na lingua propia

Para cando cota de pantalla en galego?

Polémica en Cataluña pola lei que garantirá unha porcentaxe de filmes en catalán. Galiza aínda está lonxe dese debate.

Redacción - 13:00 01/02/2010

Algo menos da metade das salas de cinema de Cataluña participan este luns nun peche en protesta pola nova lei cinematográfica do Govern, que pretende promocionar a proxección de filmes dobrados ao catalán. O peche patronal aféctalles a 72 cinemas, mentres que máis dun cento permanecerán abertos, segundo informa Vilaweb.

O anuncio do peche das salas, impulsado polo Gremio de Empresarios de Cinemas, foi recibido con protestas por parte da cidadanía. Nunha entrevista concedida a Vilaweb, o presidente da Acadèmia del Cinema Català, Joel Joan, achou normal a reacción da xente, porque "se ven que os cinemas non os respectan, nin a eles nin a súa lingua, responden dicindo 'eu tampouco te respecto'". Tamén entende a reacción da patronal e dos sindicatos CC OO e CGT polo "estrés, sobre todo nun negocio que se viu moi afectado pola pirataría".

Porén, a situación en Galiza é ben diferente, e situada a anos-luz da catalá. Na actualidade, pódese dicir que practicamente o 100% das pantallas proxectan cinema dobrado ao castelán. Non existe ningunha lei nin proxecto que obrigue a ofrecer filmes na lingua do país. De feito, as iniciativas de dobraxe ao galego postas en marcha por distribuidoras como Filmax ou que contaron co apoio económico da Xunta colidiron co feito de que moitas salas galegas preferiron proxectar versións do filme en castelán, habendo copias en galego.

Ao non existir ningunha obriga de dobrar filmes ao galego, a oferta cinematográfica na nosa lingua é aínda moi cativa. Como mostra, esta páxina da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, onde se detallan os títulos con versión galega.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: