Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Acto en Rianxo

Castelao, legado eterno

Logo de dous anos de traballo, o Catálogo Universal da Obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao foi presentado este venres pola fundación que leva o seu nome.

Redacción - 17:45 29/01/2010

Coordinado polo vicepresidente da Fundación Castelao, o historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, o "Proxecto de Catalogación universal da obra de Alfonso Rodríguez Castelao" contou cun grupo de cinco especialistas que acudiron ás institucións tanto públicas como privadas que en todo o mundo gardan parte da obra do galeguista. Tamén as hemerotecas xornalísticas e mesmo particulares foron fonte na procura da obra inédita coa que enriquecer esta iniciativa.

Despois de dous anos de traballo, o proxecto foi presentado este venres en Rianxo. Segundo explican, a dificultade da iniciativa "residiu en que a obra do escritor rianxeiro está integrada por colaboracións literarias, creacións en prosa, textos teatrais, artigos, discurso parlamentarios, cartas, manuscritos, debuxos... repartidos polos lugares nos que foi transcorrendo a súa vida: Galiza, Madrid, Arxentina, Estados Unidos, Cuba, México, Chile ou Venezuela". O traballo reúne case 3.800 entradas e cada unha das fichas aporta información sobre a localización da obra, as súas reproducións, a súa participación en exposicións e datación, entre outros datos.

Obra inédita
Ao fío da elaboración do catálogo, saliéntase tamén o descubrimento de obras inéditas, así como a mellor documentación dos orixinais ou a datación máis precisa dos traballos. "Coñecer mellor a Castelao supón coñecernos un pouco mellor a nós mesmos, a través dun referente ineludible para repensarmos hoxe a cultura galega", afirmou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, durante a súa intervención no acto en Rianxo. Para Varela, esta iniciativa é "a mellor homenaxe posíbel a unha das figuras totémicas da cultura do noso país, pois supón a culminación, simbólica, significativa e produtiva, da viaxe de retorno emprendida en 1984, cando os seus restos foron trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres".


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: