Dende STEs-Intersindical consideran que a derrogación da actual normativa é unha agresión cara a lingua galega.
A confederación STEs-Intersindical, que engloba a organizacións sindicais do ensino de diferentes comunidades do Estado Español fixo público un comunicado no que expresa a súa solidariedade co paro convocado para o xoves contra a derrogación do decreto.
O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza, integrado dentro da STEs-I, anunciou que membros do secretariado da estrutura confederal estarán presentes en Compostela o día 21 para mostrar a solidariedade coa normalización do galego no ensino.
Dende STEs-I consideran que o decreto que propón a Xunta “representaría unha agresión” á lingua autóctona: “Esta política consiste en opor toda a resistencia á presenza social, en todos os ámbitos de uso, do galego, o catalán e o éuscaro, coa intención de recluír estas linguas no ámbito do persoal, propiciando con iso, a súa lenta, pero inexorábel desaparición”.
Poden ler aquí o comunicado completo