Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Crónica de Matar por Matar, Non

Auga e néboa, 'trofeos' cobrados no campionato galego de caza de raposo

"Peor lles foi aos 'matarifes', que se mollaron para nada. Caras longas, moito cabreo e poucas pezas (supondo que houbese algunha)".

Redacción - 13:00 18/01/2010

Tal e como estaba previsto, numerosas persoas participaron nas protestas contra o 'campionato galego de caza de raposo', que se desenvolveu este sábado nos montes da Cañiza. Na súa web, Matar por Matar, Non fai unha crónica do alí acontecido:

"O único que estaba contento era o presidente das escopetas. Claro que, con 150 mil euros do á, no apartado de 'Entradas', calquera está contento, sobre todo se os que van ao monte se mollan, gastan os cuartos e teñen que madrugar son os demais".

"Se a isto se lle engaden os ingresos por publicidade de Suzuki, Gamo, Chiruca, Deporte Galego, Beretta, seguros diversos, Consellaría de Medio Rural, etc. compréndese perfectamente o amplo sorriso de quen 'administra' todos eses ingresos".



Ademais, a plataforma anunciou para o día 30 deste mes unha nutrida concentración, con xente chegada de diversas partes da Península, en Portomarían, sede do 'campionato español de caza do raposo'.


O Seprona localiza sete cranios de cabras montesas e un de muflón cerca do parque natural do Xurés
Por outra banda, o Seprona da localidade de Lobios localizou nas proximidades do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés sete cranios de cabras montesas (Capra pyrenaica) e un de muflón ou carneiro bravo (Ovis musimon).

Segundo informou esta fin de semana a Garda Civil, estas especies forman parte desde hai varios anos dun programa de reintrodución no parque natural, polo que a súa caza non está permitida.

Os cranios, localizados o 13 de xaneiro, estaban atados arredor da cornamenta con arames e cordas, "o que poderían indicar que os tiñan colgados para transformalos en trofeos", segundo precisaron as mesmas fontes.

O Seprona entregou os restos na sede do parque natural e remitiu un informe ás consellarías de Medio Ambiente e de Medio Rural.


3,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mentre uns ían no monte, outros concentráronse fronte a casa de xantar onde comeron os cazadores / Foto: matarpormatarnon.org
Mentre uns ían no monte, outros concentráronse fronte a casa de xantar onde comeron os cazadores / Foto: matarpormatarnon.org
Sete cranios de cabra montesa apareceron no Xurés
Sete cranios de cabra montesa apareceron no Xurés
Tamén foi atopado outro de carneiro bravo
Tamén foi atopado outro de carneiro bravo