O xurado distinguiu o seu traballo Arde Olibiri. O paradoxo petroleiro no estado poscolonial nixeriano.
A xornalista galega especializada en temas africanos Aloia Álvarez Feáns foi galardoada co premio de ensaio 2009 convocado pola Casa África polo seu traballo Arde Olibiri. O paradoxo petroleiro no estado poscolonial nixeriano, informa un usuario do Open Vieiros.
O xurado acordou conceder o premio, dotado con 4.000 euros e a súa posterior publicación, "pola orixinalidade do seu enfoque, pola pertinencia do tema tratado, pola información histórica que condensa e o enfoque analítico que permite, desde un caso concreto, introducirse na realidade do continente africano e entender mellor o drama dun continente, polo seu bo estilo literario, áxil e ameno e o seu rigor científico".