Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol

Nacho Novo podería ficar en Glasgow

A prensa escocesa asegura que aceptará unha oferta de renovación dos Rangers, que evitará que recale no Celta de Vigo.

Redacción - 12:45 14/01/2010

O futbolista ferrolán Nacho Novo podería non volver a Galiza, cando menos, desta vez. Os Glasgow Rangers ofreceulle renovar o seu contrato, mentres novo aspira a fichar polo Celta de Vigo para rematar a súa carreira deportiva na súa terra.

Outro dos equipos que andan detrás de Novo é o Larissa grego, que propón a oferta económica máis elevada, de máis de 160 mil euros anuais. A pesar das dúas atractivas ofertas, o xornal The Scottish Sun dá por feito que Novo seguirá en Escocia e que aceptará a contraoferta do club en que leva xogando seis anos e medio.


4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: