Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Un país en danza billardeira

Bailade malditos, bailade!

Aproveitando a súa estrea en Bueu, e logo da Quinibillarda, a Liga Nacional de Billarda sorpréndenos con novos e "desconcertantes condimentos". Vídeo no interior.

Redacción - 10:00 16/01/2010

Arden os paláns esta fin de semana en todo o país, coa multiplicación das citas billardeiras nas nosas xeografías. A axenda inclúe o I Aberto de Bueu, estrea da conferencia sur da Liga Nacional de Billarda (LNB) por estas terras do Morrazo. Será o sábado 16 ás 16 horas. Doutra volta, e na Conferencia NorOeste, o domingo pola mañá disputarase o II Aberto de Sada no pavillón da vila das Mariñas. A Conferencia Norleste cítase no Aberto de Xove para a conquista d'O Polbo da Pedra. E finalmente, a cuarta cita, na Conferencia Centro, e tamén dominical, A Cachucha de Porco, en disputa no Concello d'O Pino.

E aproveitando a vizosa conxuntura deportiva, desde a organización da LNB propoñen que esta fin de semana se axiten as canelas baixo o lema "Un país en danza billardeira". Un novo condimento logo da "adictiva Quinibillarda", que achega no vídeo a pé destas letras a peza "Vai de baile ceive", coa intervención estelar de Jorgel Gil-Dan e Viana Travolta, insignes competidores. A LNB agarda que as palanadoras e palanadores axiten o esqueleto a pé de pista. A consigna: "Bailade malditos, bailade!".

Doutra volta, aproveitamos para lembrarlles o prato forte que se nos vén enriba na axenda billardeira. O I Aberto Nacional do Agro, a celebrar o venres 22 na Alameda de Santiago de Compostela. En xogo está un "espectacular Manoxo de Nabizas apañado co fouciño na horta e en exclusiva para o campión ou campioa deste Aberto Nacional polos irmáns de Adiante".


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A LNB convida a comunidade billardeira a mover o esquelete

I Aberto de Billarda de Bueu
I Aberto de Billarda de Bueu
Aberto de Billarda "Polbo da Pedra"
Aberto de Billarda "Polbo da Pedra"