Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova web

Valdeorras, "nai do viño"

Velaí un dos lemas que achega o novo espazo en internet da Denominación de Orixe Valdeorras.

Redacción - 09:30 13/01/2010

A variedade Godello é raíña no caso das uvas brancas, aínda que tamén cultivan os valdeorreses a Dona Branca e o Palomino Fino. No que lle toca ás tintas o referente é a Mencía, mais non hai que esquecer outra media ducia de variedades que atopamos nos bancais desta comarca, desde o Merenzao e Brancellao deica a Negreda ou a Tintilla.

Resúmennos nesta nova web da denominación de orixe, DOValdeorras.tv, que o viño máis emblemático é o branco de Godello, "de fino aroma afroitado, cor amarela, dourada ou palliza, e boa estrutura en boca, cunha graduación alcólica media de 12,5º". E saliéntanos á beira os tintos de Mencía, "de intensa cor púrpura e elegante aroma afroitado, lixeiros e saborosos, cun bo equilibrio alcol-acidez, apetitosos e de retrogusto intenso e prolongado".

No sitio poden atopar resumo de todo tipo de información vencellada, acompañada de diversos vídeos, desde o Consello Regulador, até a historia da comarca valdeorresa. Tamén festas e artesanía e propostas gastronómicas para a maridaxe dos caldos da zona.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: