Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMICIOS

Croacia elixe como presidente o socialdemócrata Ivo Josipovic

A súa ampla vitoria, con máis do 60% dos votos, é un importante aval para a súa misión: integrar o país na UE.

Redacción - 08:15 11/01/2010

Dende este domingo, Croacia ten novo presidente, o terceiro dende que en 1991 lograra a independencia política. Ivo Josipovic, de orientación socialdemócrata, ten como principal reto que o seu país entre como membro de pleno dereito na Unión Europea.

A súa ampla vitoria (60,3% dos votos) era agardada. O seu rival foi o actual  alcalde de Zagreb, Milan Bandic, que, aínda que independente, contou tamén co apoio do voto do centrodereita.

Bandic estará ao lado do novo presidente no que se refire á integración na comunidade europea. As xestións, xa avanzadas, poderían dar o froito moi axiña. En Zagreb conta que a entrada na UE poida ser un feito xa no segundo semestre de 2011.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: