Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PRIMEIROS MOVEMENTOS

O PSdeG só apoiará un decreto que lle garanta ao galego un espazo dun 50%

Para o ex conselleiro Ricardo Varela é imposíbel un acordo mentres que o PPdeG non renuncie ás “políticas de agresión” da lingua do país.

Redacción - 18:16 08/01/2010

Os socialistas non están dispostos a negociar o novo decreto coas bases que propón o Goberno. O ex conselleiro e secretario do PSdeG de Lugo, Ricardo Varela, afirmou que non é posíbel unha aproximación ao PPdeG mentres continúe agredindo a normalización lingüística. Varela afirma que os socialistas participarán nas conversas sempre e cando se comece a negociar a partir do decreto anterior e se parta duns postulados que estabelezan un mínimo dun 50% das materias en galego (fronte ao 33% que propoñen os “populares”).

O dirixente subliña que “o PSdeG defendeu sempre a convivencia do galego e o castelán. Somos plenamente defensores da liberdade dos cidadáns para elixir a lingua na que queiran falar, pero o galego non pode ser agredido e menos polo goberno de todos os galegos”.

Para Varela o debate aberto polo PPdeG é “a agresión máis forte que se coñece cara a lingua galega. Para chegar a acordos cos socialistas téñeno moi doado. Hai que retomar o vieiro do Plan de Normalización Lingüística”.


5/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: