Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
EN ABEGONDO

Fartura de goles e solidariedade contra o cancro

Na décima edición do torneo que cada ano organiza o Club Deportivo Mabegondo superáronse os catro mil euros de recadación do ano pasado.

Redacción - 13:00 04/01/2010

Unha festa do deporte e unha exhibición de solidariedade. Este é o resume que se pode facer do X torneo de fútbol sala "Mételle un Gol ao Cancro" que esta fin de semana se disputou no Pavillón de San Marcos (Abegondo).

Malia que aínda están por botar as contas da recadación exacta que a organización destinará ao Centro Oncolóxico da Coruña, xa se pode adiantar que se superaron os catro mil euros recadados o ano pasado. "Houbo máis xente nas gradas, máis consumicións, vendéronse máis rifas e máis achegas económicas particulares", di Xosé Núñez Torrado, organizador do encontro.

Nesta edición competiron oito equipos masculinos e oito femininos, que xogaron durante toda a fin de semana. Velaquí os resultados:

Deportivo de Veteranos 1 – 5 CD Burela FS

Torneo Masculino
1º clasificado: Sada FS
2º clasificado: Ventorrillo FS
3º clasificado: Futgol

Mellor xogador:Jacobo Castelo (Sada FS)
Máximo goleador: Jacobo Castelo (Sada FS)

Torneo Feminino
1º clasificado: As de Ferrol
2º clasificado: Viaxes Amarelle
3º clasificado: Cervecería A Dorna

Mellor xogadora: Erika González (As de Ferrol)
Máxima goleadora: Sheila González (As de Ferrol)

  • Podes ver aquí os demais resultados de todos os encontros


Ligazóns

4/5 (4 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: