Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desde a entrada en vigor da norma

Dous anos de buratos nos compromisos da Lei da Memoria Histórica

Críticas pola "pasividade" das administracións e os incumprimentos institucionais que se acumulan neste tempo.

Redacción - 12:05 28/12/2009
Traballos da ARMH na parroquia mindoniense de Argomoso

Traballos da ARMH na parroquia mindoniense de Argomoso

Dous anos despois de que entrase en vigor a Lei da Memoria Histórica non existe "nin unha parte do mapa de foxas comúns" cuxa propia elaboración contemplaba o artigo 12 desta iniciativa legal. É un dos exemplos que achegan desde a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). Recordan desde o colectivo as críticas que xa no seu momento recibiu esta norma por ser aprobada "con numerosas carencias".

Así, o tempo estaría demostrando que nin os mínimos acordados nesta lexislación están en camiño de seren cumpridos. A ARMH indica tamén que non se elaborou un protocolo de exhumacións e que tampouco existe un regulamento de como preservar os lugares onde se atopan os foxos. "Continúan morrendo milleiros de familiares nestes dous anos sen recibir ningún tipo de asistencia por parte dun Estado que incumpre así diversos tratados e acordos humanitarios internacionais", láianse desde a asociación.

"Non é comprensíbel que un goberno que ditou unha lei e que ten que velar polo seu cumprimento sexa o primeiro en incumprila aumentando o dano dos que sufriron danos irreparábeis a causa das violacións dos dereitos humanos da ditadura franquista", censuran. Entre os reproches sinalan o acontecido hai apenas un mes no chamado "Valle de los Caídos", onde acudiron "grupos de exaltados realizando actos de homenaxe ao ditador Francisco Franco", un suceso ilegal á luz do artigo 16 da propia lei da memoria e fronte ao que as forzas de seguridade non actuaron.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: