Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara ao novo decreto sobre o galego no ensino

CIG: Chamamento á mobilización do profesorado

Denuncian que se "perpetra" un novo ataque aproveitando "sen pudor" o período vacacional.

Redacción - 19:00 22/12/2009

Con "aleivosía" e "sen pudor". Así entenden desde a CIG-Ensino que está actuando a Consellaría de Educación coa "reiterada intención" de facer público antes de que acabe o ano o documento co que botarán abaixo o decreto vixente en materia de lingua no ensino. Acusan a Xunta de usar "sen pudor" os períodos vacacionais e de descanso para anunciar e aplicar "aquelas cuestións que saben que son controvertidas".

"Buscan que as súas decisións teñan a menor contestación posíbel ao facelas públicas cando os afectados non están nos seus centros de traballo", denuncian. Fronte a esta situación, a CIG convida a cidadanía a "expresar o seu rexeitamento" contra o texto "co que se reducirá a presenza do noso idioma nas aulas". E de xeito concreto, chaman o profesorado a manifestarse "en contra desta nova agresión". Por tal motivo, e de confirmarse a decisión da Xunta, convocarán unha folga no ensino "á volta das vacacións, previsibelmente o 21 de xaneiro".


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: