Unha iniciativa de Mr. Misto Films está a difundir curtametraxes destinadas principalmente ao público infantil en áreas sen salas cinematrográficas.
A Caixiña dos mistos, plataforma itinerante de exhibición audiovisual para nenas e nenos, xa acatou os 10 mil espectadores. A iniciativa, impulsada por Mr. Misto Films, comezou a súa viaxe no mes de maio. Dende aquela, percorreu máis de 60 localidades en todos os recunchos do país.
A "caixiña" levoulles mundos de fantasía en formato curto a pequenos e grandes. Cunha capacidade de até 20 espectadores, as instalacións pretenden trasladarlle contidos lúdicos e didácticos a un público de até 14 anos.
Así mesmo, o seu obxectivo foi ofrecer un espazo novidoso de visión, especialmente deseñado para o contorno rural, de xeito que se compense a redución das salas de exhibición convencionais nesas áreas. Ese soporte aspira a se converter nun lugar de referencia para a rapazada, que esperte a súa curiosidade nesa "caixiña de mistos", que sirva para complementar a programación cultural local, e ser, ao tempo, unha nova xanela de explotación para as curtametraxes.