Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Actos reivindicativos en Compostela

Teatro por Haidar

A plataforma Galicia polo Sáhara exixe aos gobernos español e marroquí o "regreso inmediato" da activista saharauí á súa terra.

Redacción - 11:15 15/12/2009

A plataforma Galicia polo Sáhara exixiu este luns aos gobernos español e marroquí o "regreso inmediato" da activista Aminetu Haidar ao seu país, así como que cumpran co Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, asinado por ambos os dous estados e que impide privar arbitrariamente a ninguén de entrar no seu país.

Así o demandou o portavoz deste grupo de persoas, "de distintas militancias políticas e sociais", Florentino Balado, que convocaron unha concentración na praza compostelá de Mazarelos para denunciar a súa "indignación" co "atropelo" contra a vida da activista saharauí que, ao seu xuízo, se está a cometer.

Perto dun cento de persoas participaron nas distintas actividades organizadas pola plataforma, que, ademais de colgar unha faixa a prol da Haidar, realizaron unha representación teatral sobre a situación que atravesa a activista.

Tamén, recolleron firmas para lle pedir ao goberno español que "solucione" a súa situación e xuntaron fotografías con Aminatu Haidar que remitirán á Organización de Mulleres Solidarias para facer un mural da súa cara a partir desas imaxes.

Sete activistas en perigo de morte
No manifesto ao que deron lectura, denunciaron a "conivencia" do goberno español o que acusaron de violación da lexislación internacional e estatal que impediría a entrada da activista saharauí sen a súa documentación persoal.

Ademais, a plataforma non esqueceu outros sete activistas que permanecen actualmente encarcerados en Marrocos con risco de ser executados.


2,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: