Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN LEITZA, NAVARRA

Ferido un garda civil nun tiroteo

Ao parecer, os autores dos disparos estaban tratando de colocar un artefacto explosivo fronte á casa cuartel.

Redacción - 11:00 29/11/2009

Un garda civil resultou ferido na madrugada deste domingo como consecuencia dun tiroteo con presuntos membros de ETA, fronte á casa cuartel da localidade navarra de Leitza. O suceso produciuse preto das 03:30 horas cando o axente acudiu a identificar a uns sospeitosos, alertado polos seus estraños movementos. Entón, produciuse o tiroteo.

A vida do garda civil non corre perigo, logo dunha intervención cirúrxica para atallar unha fractura nun brazo, practicada na Clínica Universitaria de Navarra. Segundo fontes policiais, no tiroteo puido resultar tamén ferido un dos autores que presuntamente se dispoñían a cometer o atentado.

Ao parecer, os autores dos disparos estaban tratando de colocar un artefacto explosivo nas inmediacións do complexo. A Garda Civil atopou a uns 100 metros da casa cuartel un dispositivo de tubos lanzadeiras dos que se empregan para impulsar granadas.

Máis información:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: