Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA ÁS MUNICIPAIS

Rafael Louzán recunca á fronte do PP de Pontevedra

Conseguiu o apoio do 97,8% dos compromisarios que participaron no XV Congreso provincial, ao que concorreu como único candidato.

Redacción - 13:30 28/11/2009
Louzán acadou o 97,8% dos votos dos compromisarios populares

Louzán acadou o 97,8% dos votos dos compromisarios populares

Como "extraordinario" cualificou Rafael Louzán o traballo feito até o de agora como presidente provincial do PPdeG. E semella que os compañeiros de partido lle dan a razón, como demostrou o resultado da votación, na que Louzán recibiu 807 votos dos 825 emitidos. O dirixente popular renovou así o liderado do PP pontevedrés no XV Congreso, no que el era o único candidato.

Segundo explicou, o obxectivo agora é "recuperar as alcaldías" nas vindeiras eleccións municipais de 2011, para o que adiantou que está "confiado", grazas ao traballo "dunha formación moi viva que soubo ampliar a súa base electoral coa fichaxe de independentes".

Dirección provincial
Na cúpula do PPdeG en Pontevedra seguirá o concelleiro vigués Xosé Manuel Figueroa (designado vicepresidente) e incorpórase, como principal novidade, Begoña Estévez Bernárdez, funcionaria da Deputación, que ocupará o cargo de secretaria xeral. Mentres, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, será vicesecretario xeral e Xosé Xoán Durán seguirá sendo secretario de organización.

O Congreso serviu tamén para darlle un papel aos conselleiros que carecían de representación no partido, como o titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández (que levará a Secretaría de Medio Ambiente e Infraestruturas) ou o de Economía, Xabier Guerra (que asumirá a Secretaría de Economía e Industria). Ademais, a coordinadora xeral de Política Nacional será Ana Pastor.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: