Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día contra a violencia de xénero

CCOO pide novos xulgados específicos e mellora dos existentes

A secretaría de Muller do sindicato considera "insuficientes" os recursos cos que conta Galiza na loita contra a violencia machista e pide a mellora da prestación de servizos nesta materia.

Redacción - 09:15 25/11/2009

CCOO-Galicia remitiralle en breve ao Goberno o informe presentado esta semana onde chama a atención sobre o feito de que entidades sociais do país estean poñendo da súa parte "máis medios asistencias que os diferentes concellos ou a propia Xunta. "Sobre todo no que lle toca a prazas en centros de protección a maltratadas ou en vivendas tuteladas", expoñen.

Para Comisións, é ademais necesario aumentar o número de xulgados específicos para tratar casos de violencia doméstica e destacan a importancia de ampliar o número de efectivos policiais preparados para a defensa e asistencia ás vítimas. Salientan iniciativas específicas, como é a do Equipo de Vixilancia e Apoio Policial do corpo da policía municipal de Vigo, que conta cun teléfono de atención permanente e axentes que acompañan as vítimas cando é necesario nos seus quefaceres diarios.

Chaman a atención tamén sobre o feito de que o cento de vacantes públicas destinadas en Galiza a este fin son para mulleres e para seus fillos no caso de que os teñan, é dicir, "a prestación real deste servizo é menor na práctica". Por este motivo reclaman a creación dunha rede asistencial global e en concreto esixen que cidades como Santiago ou Pontevedra habiliten infraestruturas residenciais para as maltratadas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: