Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
IV Premio Diario Cultural

O teatro volve á radio... por cuarta vez

O veterano programa da Radio Galega e o Centro Dramático volven promover a creación dramática radiofónica.

Redacción - 09:45 25/11/2009

O Diario Cultural da Radio Galega e o Centro Dramático Galego convocan xa a cuarta edición do seu premio de teatro radiofónico. O certame, patrocinado pola AGADIC, pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e recuperar o formato teatral radiofónico con fórmulas contemporáneas.

Despois de tres anos de existencia, o concurso xa se vai facendo un oco dentro dos premios culturais do país. As obras seleccionadas polo xurado emitiranse na radio autonómica e formarán parte dun libro-cd que se editará cos textos finalistas. Haberá un premio do xurado e outro da audiencia, dotados con cadanseus tres mil euros.

Na anterior edición, o gañador dos dous premios Diario Cultural de Teatro Radiofónico foi Peter Buckley, de Rubén Ruibal e César Candelas, que podemos escoitar aquí.



En 2008, foran premiadas O mal da vaca, de Begoña García, por parte do xurado, e Saltimbanqui, de Lois Pérez, polo público. A primeira edición do certame fora para O bambán, de David Rodríguez.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: