Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 4 de Nadal conclúe o ERE temporal

O PSdeG exíxelle a Feijoo que "lidere" o conflito da planta de Pascual ante a "incompetencia" de Samuel Juárez

Sonia Verdes, voceira parlamentaria de Medio Rural, insiste en que o proxecto das cooperativas galegas é "o único serio e rendíbel".

Redacción - 12:00 15/11/2009
Samuel Juárez

Samuel Juárez

A voceira parlamentaria de Medio Rural do PSdeG, Sonia Verdes, reclamoulle este sábado ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que "lidere" o conflito da planta de Leite Pascual en Outeiro de Rei, ante a "incompetencia" do conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

Verdes explicou que visitou o venres os traballadores da factoría, que están pechados desde o martes, para manifestar o "apoio" do PSdeG fronte ao "desamparo" da Xunta. Ademais, recordou que o 4 de Nadal conclúe o ERE temporal que levará ao "peche definitivo" da planta.

"O conselleiro de Medio Rural non foi capaz, despois de seis meses, de ofrecer unha alternativa que garanta o futuro da factoría,", reprobou, e reclamou "respostas claras e concisas". Ademais, insistiu en que o proxecto das cooperativas galegas é "o único serio e rendíbel".

Neste contexto, a voceira socialista anunciou tamén que o seu grupo rexistrou varias iniciativas parlamentarias en que solicita ao Executivo que reciba o comité de empresa de Pascual e designe "un interlocutor permanente" co cadro de persoal laboral.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: