Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DO BNG

A Xunta esquece as mulleres deportistas

A ciclista de montaña Eva Castro quedará este ano sen esponsorización, malia ser un referente na competición internacional.

Redacción - 13:10 09/11/2009
Tags:
Eva Castro, no Campionato do Mundo

Eva Castro, no Campionato do Mundo

"Segue habendo moito machismo no tratamento do deporte", dicía Eva Castro nunha entrevista de Vieiros a comezos de ano. E o tempo veulle a dar a razón. O grupo parlamentar do BNG denuncia as posíbeis discriminacións arbitrarias nas axudas a deportistas galegas de elite, e en concreto a falta de apoio institucional á ciclista Eva Castro.

Castro compite en ciclismo de montaña e, na súa traxectoria, xa se converteu nunha das figuras máis internacionais da historia deste deporte en Galiza. Actualmente traballa para o equipo BMX, mais recibiu a negativa da Xunta de esponsorizala cos 12 mil euros que, até o de agora, lle facían posíbel os seus desprazamentos ás probas da Copa do Mundo.

O BNG rexistrou unha iniciativa parlamentar exixindo o mantemento desta axuda e subliñando que Eva Castro "paseou o nome de Galiza coas mellores da especialidade en Europa, América ou Australia" e que "tivo unha importante repercusión en numerosos canais deportivos de televisión". Os nacionalistas entenden que "esta é a triste realidade do deporte galego en xeral e das mulleres en particular, que teñen que loitar non só contra os seus rivais deportivos, senón tamén contra a falta de apoio da Administración galega actual, que prefire contratar deportistas de fóra como imaxe do Xacobeo (como Casillas, Nadal ou Gasol), mais teñen abandonados aos deportistas do país".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: