Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Mobilización sindical

Milleiros de cidadáns protestan polos recortes propostos polo goberno irlandés

O primeiro ministro anunciou que o executivo precisa aforrar 4 billóns de euros para reducir a débeda do país.

María Golpe - 11:30 07/11/2009

Milleiros de traballadores marcharon o venres 6 de novembro en oito localidades irlandesas convocados polos sindicatos (Irish Congress of Trade Unions) para protestar polos recortes propostos polo goberno.

O goberno anunciará os novos presupostos do estado o 9 de decembro e o Taoiseach (primeiro ministro) Brian Cowen anunciou que o executivo precisa aforrar 4 billóns de euros para reducir a débeda do país. As propostas baralladas para os presupostos de decembro inclúen recortes importantes no gasto público, incluíndo redución de salarios no sector público e recortes nas prestacións sociais a parados.

Traballadores tanto do sector público como do privado marcharon en Dublín, Cork, Waterford, Galway, Sligo, Limerick, Dundalk e Tullamore (a vila natal do Taoiseach Brian Cowen). 30.000 uníronse a protesta en Dublín segundo datos da policía, 70.000 segundo os organizadores.

Esta é a primeira acción organizada polos sindicatos dentro da súa campaña Get Up Stand Up, coa que intentarán poñer presión no goberno e negociar unha revisión dos presupostos, que consideran inxustos cos traballadores en salarios mais baixos e cos desempregados.


Ligazóns

4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: