Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mercadotecnia alternativa

Publicidade sen límites: a invasión das moscas-anuncio

Unha editorial alemá solta 200 moscas con publicidade nun recinto feiral. Podes ver o vídeo no interior.

Redacción - 13:16 03/11/2009

A imaxinación non ten límites, os cartos si. Iso deberon pensar os creativos que idearon a campaña publicitaria da editorial Eichborn na pasada Feira do Libro de Frankfurt. A editorial lanzou 200 moscas vivas con cadanseu “banner” atado, que en poucos minutos se espallaron polo recinto feiral e provocaron todo tipo de reaccións agás a indiferenza. O máis molesto dos animais caseiros levou con éxito unha mensaxe con fama de molesta: a publicitaria.

En tempos de crise económica e cando todos os medios parecen xa máis que explorados a nivel publicitario, as empresas seguen a ensaiar métodos alternativos, aínda que sexa poñendo en risco a integridade de seres vivos.


3,8/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: