Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Dez anos do primeiro libro electrónico galego

Un novo relato 'por conto alleo'

Participa nun novo conto de Camilo Franco enviando palabras para que inclúa na súa historia.

Redacción - 12:45 23/10/2009
Tags:

Hai dez anos que Camilo Franco e Vieiros levaron a cabo Por conto alleo, unha experiencia de literatura en liña pioneira en Galiza. Para recordar aquel experimento, publicamos unha entrevista co escritor e convidamos aos lectores a que propoñades palabras para un novo relato.

Deixade as vosas proposta nos comentarios desta noticia antes do domingo 25 de outubro pola mañá. A redacción de Vieiros escollerá seis das palabras recibidas para enviarllas a Camilo Franco, que se compromete a escribir o relato antes do luns 26. Ese día contarao durante o seu espectáculo Palabras contadas, ás 22:30 h. na Casa das Crechas (Santiago de Compostela). E o martes terémolo en Vieiros para compartilo con todos os lectores.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: