Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS CONTAS DE 2010

Zapatero salva as emendas á totalidade dos presupostos grazas ao PNV e Coalición Canaria

Os grupos políticos teñen esta semana de prazo para presentar propostas concretas de cambio.

Redacción - 12:38 21/10/2009

O executivo de Rodríguez Zapatero alentou aliviado este mércores. Grazas ao apoio de de PNV e Coalición Canaria, os socialistas tiraron abaixo as emendas á totalidade dos orzamentos 2010 que presentaran PP, CiU, UPyD, ERC-IU-ICV e o BNG. Estes grupos sumaron as súas forzas para obrigar a devolver os orzamentos ao Consello de Ministros, porén finalmente non lograron o seu obxectivo.

Superado este primeiro trámite, agora os grupos parlamentarios teñen que presentar antes de que remate esta semana as súas emendas parciais. A principios de novembro debateranse e votaranse estas novas propostas da oposición. O PSOE agarda ter para daquela outra vez o apoio do PNV e de algún outro grupo parlamentario.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: