Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTAS

A Xunta admite que a taxa de paro vai dispararse até o 15% en 2010

O Goberno xustifica uns orzamentos un 3,3% menores ca en 2009 para facer fronte á crise. Porén, promete que o gasto social incluso vai aumentar lixeiramente.

Redacción - 18:08 15/10/2009

O ano 2010 vai ser moi duro tanto económica como laboralmente, isto é polo menos o que prevé o Goberno nos seus orzamentos. O Consello da Xunta aprobou este xoves un orzamento de 11.686 millóns de euros para o vindeiro ano. Por vez primeira na historia da autonomía a previsión de gasto retrocede.

A razón, segundo o executivo, é que é preciso un orzamento “austero” para un ano difícil. As previsións oficiais son que o paro chegue ao 15% a finais de 2010. Esta cifra, aínda que case catro puntos menos cá previsión do resto do Estado Español, é preocupante se temos en conta que a principios de este verán o desemprego o desemprego non chegaba ao 13%.

Porén, Feijoo fixo especial fincapé no gasto social. O máximo mandatario galego sostén que, pese á grave crise, o gasto social aumenta case dous puntos con respecto ao ano pasado.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: