Unha unidade policial especializada en delitos económicos fai constar a posíbel implicación de Alejandro Agag no caso “Gürtel”.
As irregularidades contábeis chegan ás máis altas esferas da dereita española. Este martes sóubose que no sumario do “caso Gürtel” aparece o nome de Alejandro Agag, xenro do ex presidente español José María Aznar, en anotación contábeis de pagos en carto negro. O nome do que fora tamén asesor de Aznar está nos escritos que elaborou José Luís Izquierdo López, home de confianza de Francisco Correo e Pablo Crespo.
Todo isto aparece nun informe elaborado pola Unidade Central de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía e está incorporado ao sumario no que traballa o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.