Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Visita de Feijoo a Bruxelas

Trasládanlle a solución para o naval á presidencia de quenda do goberno español

A Xunta di que Barroso expuxo que o levantamento ao veto na construción civil en Ferrolterra dependerá "da acción diplomática" do goberno español durante a súa quenda á fronte da UE.

Redacción - 11:15 06/10/2009

"Adiantounos que era fundamental a presenza de España, a súa acción diplomática durante a presidencia europea, e que está disposto a estudar calquera proposta que se poña enriba da mesa", explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, sobre o levantamento ao veto na construción civil naval en Ferrolterra. Subliñou Feijoo que será clave que o executivo español introduza o tema "de forma oficial" durante a presidencia europea que ostentará nese primeiro treito do ano próximo.

Recordámoslles que a Unión Europea considerara "ilegais" en 2004 un conxunto de subvencións, que ascendían a 864,5 millóns de euros, recibidas polo naval de Ferrolterra, nun proceso que derivou na disolución de IZAR, na creación de Navantia e na limitación da construción naval civil até 2015. Desde entón, o sector mantén aberta unha longa loita para a negociación con Bruxelas do regreso á construción naval civil.

Por outro lado, o presidente da Xunta comentou tamén con Barroso a preocupación galega polos intereses do sector conserveiro do país logo da baixada de aranceis a Papúa- Nueva Guinea. Asegurou Núñez Feijoo que recibira do presidente da Comisión Europea o compromiso de que a UE vixíe que outros países "non utilicen este beneficio para que os seus produtos accedan ao mercado comunitario". Ao respecto, Barroso propuxo negociar con Papúa a cesión aos barcos galegos de novos caladoiros en compensación por esa redución de aranceis.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: