Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
PLAN NOUVEL

Lea política en Vigo ao fío da reordenación da zona portuaria

Corina Porro (PP) asegura que o proxecto está totalmente descartado por innecesario e Abel Caballero (PSdeG) entende que sería positivo e que non tería custe económico.

Redacción - 19:00 05/10/2009
A reordenación da zona portuaria de Vigo non é unha prioridade para Porro

A reordenación da zona portuaria de Vigo non é unha prioridade para Porro

Co proxecto de reordenación da zona portuaria de Vigo sobre a mesa, a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro (PP), e o alcalde, Abel Caballero (PSdeG) representaron o seu último desencontro político. Mentres que para a popular, este deseño, que recibiu o nome de Plan Nouvel, é "innecesario" e queda "totalmente descartado", para o socialista é viábel e "algo positivo para a cidade".

A discrepancia fíxose patente este luns na primeira xuntanza que mantiveron ambos dende que Porro tomase posesión. Dunha banda, a xestora recordou que no marco do Plan de Utilización de Espazos Portuarios non se recolle este proxecto, polo que adiantou que non lle vai "adicar máis tempo porque todo o que supoña un recheo na ría non forma parte das miñas prioridades políticas". Ademais, asegurou que entre as súas funcións está "defender unicamente a actividade e as infraestruturas portuarias".

Para Caballero, proxecto consistente
Pola súa parte, o alcalde vigués subliñou que existe un plan de viabilidade onde consta que, cunha concesión por 40 anos e coas axudas europeas que Fomento está disposto a tramitar, o proxecto é rendíbel. Reiterou que é un plan consistente e viábel e que suporía "un paso xigante" para a cidade e que se Porro o rexeita é "por razóns unicamente políticas".

Asemade, recordou a disposición manifestada polo ministro Xosé Blanco para loitar para acadar fondos europeos, polo que a obra non tería custes económicos para a cidade, mais si grandes beneficios. A isto contestou Corina Porro argumentando que eses posíbeis orzamentos se conseguirían "a custe de restarllos a outras infraestruturas portuarias que si son imprescindíbeis".


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: