Unha lectora que se identifica como profesora de Escola Oficial de Idiomas fai unha defensa do "mantemento do ensino de calidade" nestes centros.
"Enfoque comunicativo. Atención á diversidade. Actividades motivadoras. Clases complementarias para mellorar destrezas. Aulas virtuais para os alumnos que non poidan vir ás clases. Actividades especiais. Aulas interxeracionais. Punto de encontro. Fiestra ao mundo e a diversidade. Preparación de docentes".
No Open Vieiros, unha lectora que se identifica como profesora de Escola Oficial de Idiomas (EOI) fai unha defensa de todos os elementos de valor que supoñen estes centros para os habitantes dunha cidade "e moito máis para unha vila", que en gran medida se han perder a raíz da nova circular da Consellaría de Educación, denuncian os docentes.