Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AXUDAS PARA AUTOPROTECCIÓN

Seguridade privada e armas para os atuneiros que faenen en Somalia

O Ministerio do Interior permite fusís nos buques pesqueiros, pero rexeita a posibilidade de dotalos con infantes de mariña.

Redacción - 19:00 15/09/2009

O Ministerio de Interior autorizará aos atuneiros que pescan en augas do Índico a levar seguridade privada e armas de longo alcance, coma fusís, ante os ataques de piratas. Adoptouse esta medida tras a xuntanza que o martes mantiveron a conselleira vasca de Agricultura e Pesca, Pilar Unzalu, e o secretario do Estado para a Defensa, Constantino Méndez. Na reunión, atenderon as demandas dos armadores para incrementar a seguridade dos atuneiros na zona.

Porén, José Ángel Angulo, director executivo da Asociación de Buques Atuneiros (ANABAC), reclamaba "protección axeitada para a flota española". O sector pesqueiro, ademais, trasladara recentemente ao Departamento vasco de Pesca a súa petición de incorporar infantes de mariña armados a bordo, debido ao incremento de ataques piratas nos últimos días.

Esta medida xa se está levando a cabo nalgúns paises como Francia. A solicitude foi remitida polo executivo vasco ao goberno español que a rexeitou. Méndez desbotou esta posibilidade, xa que “non o permite o ordenamento xurídico español”. Así mesmo, as empresas de seguridade que vaian proporcionar este tipo de servizos deberán cumprir os protocolos que estabeleza ao respecto o Ministerio do Interior.

A conselleira vasca explicou que se acordara “estudar a habilitación dunha líña de axudas económicas”. Deste xeito, pretenden incentivar que os buques atuneiros incorporen “medidas de autoprotección”. As solucións que van destinadas a incrementar a seguridade dos atuneiros dentro da Operación Atalanta posta en marcha por diversos países membros da Unión Europea virán acompañadas de axudas económicas cuxa cantidade está aínda por determinar. O secretario do Estado de Defensa recordou que dende que se puxo en marcha o plan europeo descendeu o número de secuestros de barcos a catro, fronte aos 20 do ano anterior.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: