Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel "caza de bruxas"

Cadea perpetua para o ex presidente de Taiwán, gran valedor da independencia

Un tribunal da illa condenou este venres o Chen Shui-bian e a súa dona, logo de os declarar culpábeis de varios cargos de corrupción.

Redacción - 12:15 11/09/2009
Chen Shui-bian

Chen Shui-bian

Un tribunal de Taiwán condenou este venres á cadea perpetua o ex primeiro ministro Chen Shui-bian, de 58 anos, e a súa esposa, Wu Shu-chen, logo de os declarar culpábeis de varios cargos de corrupción. Ademais, o xuíz Tsai Shou-hsin impuxo unha multa de 200 millóns de novos dólares taiwaneses (4,5 millóns de euros) e desposuíu para sempre os reos dos seus dereitos civís.

O ex presidente (2000-2008) atópase recluído desde o 30 de Nadal do ano pasado no Centro de Detención de Taipei. Chen e a súa esposa foron acusados de malversación de fondos estatais por máis de dous millóns de euros, de aceptar subornos de até 10 millóns de dólares, lavado de diñeiro, tráfico de influencia, extorsión e falsificación de documentos durante os seus oito anos de mandato.

Chen, gran valedor do movemento independentista taiwanés, mantivo importantes e continuos enfrontamentos con Pequín. Neste senso, acusou o seu sucesor, o pro chinés Ma Ying-jeou, de liderar unha "caza de bruxas" política contra el polas súas ideas arredistas. Ma negouno. Ademais, algúns expertos legais expuxeron as súas dúbidas sobre como se desenvolveu todo o proceso.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: