Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Dereitos do consumidor

O 55% das webs que venden electrónica cometen irregularidades

Un informe da Comisión Europea atopa que o Estado Español é o segundo do continente neste tipo de incumprimentos, despois do alemán.

Redacción - 12:30 10/09/2009

A Comisión Europea asegura que máis da metade das webs da Unión que comercializan artigos electrónicos incumpren a lexislación de consumo. Un 55% non ofrece toda a información de dereitos do consumidor ou mesmo ofrecen datos enganosos.

O estudo, presentado pola comisaria de Protección ao Consumir, Meglena Kuneva, analizou máis de 360 sitios de toda Europa. Os resultados amosan que as tendas virtuais do Estado Español son as segundas con máis irregularidades, con 15 fallos dun total de 26 estudadas, só por detrás de Alemaña, onde 21 das 29 analizadas ofreceron datos parciais ou erróneos.

O informe detalla cales son as irregularidades máis habituais: o 66% das webs analizadas non informan correctamente dos dereitos do consumidor, como o dereito a devolver os produtos nun prazo de sete días e recibir o importe íntegro da compra.

Outro 45% non informa correctamente do custo final da compra, por non ofrecer información sobre os gastos de envío ou outro tipo de taxas. Outro grupo intégrano as webs que non fornecen o enderezo do vendedor para contactar no caso de reclamacións.

A eurocomisaria anunciou que, a partir de outubro, as autoridades dos estados membros deberán tomar medidas para corrixir estas incidencias.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: