O presidente da Comisión Europea estase a reunir cos diferente grupos da Cámara co fin de lles presentar o programa para o seu novo mandato.
O presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, reúnese esta cuarta feira ás 16.30 horas cos representantes do grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea no Parlamento de Estrasburgo para lles presentar o programa de goberno de cara ao seu novo mandato.
Na xuntanza, que se enmarca na rolda de contactos que está a manter con todas as agrupacións parlamentarias, está previsto que os deputados dos Verdes/ALE formulen a Durão Barroso diversas cuestións.
Ademais, as dúas horas de conversa serán públicas xa que serán retransmitidas en directo por internet. Se teñen unha conexión de banda larga, poden seguir o encontro na seguinte ligazón: http://greens-efa-service.eu/live/barroso/