Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR UNS PREZOS DIGNOS

A Alameda de Compostela convértese no corazón do sector lácteo

Produtores organizados dentro do SLG comezarán unha acampada informativa na capital do país que durará até o sábado.

Redacción - 09:00 01/09/2009

Noutrora, a Alameda de Compostela acollía cada quinta feira unha das melloras feiras de gando vacún do país. Posteriormente, aquel mercado que atraía a centos de tratantes até a capital de Galiza trasladouse a Salgueiriños e máis recentemente a Amio. Este martes, o sector leiteiro recolle aquela tradición para reivindicar neste espazo uns prezos dignos para os produtores.

Convocados polo Sindicato Labrego Galego, centos de de gandeiros acamparán as 24 horas, por quendas, até o sábado no céntrico espazo da cidade. Nunha carpa instalada na Alameda, os produtores informarán aos consumidores da situación actual do sector e das perspectivas de futuro.

Até Santander
A concentración coincide coas reunións que manterá a Comisión de Agricultura e forma parte dun movemento moito máis amplo que protagoniza a Coordenadora Europea Vía Campesiña, da que o SLG forma parte.

O vindeiro 7 de setembro, representantes do SLG desprazaranse até Santander, onde a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, participa na inauguración dun curso de verán.


4/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: