Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
URBANISMO

O Tribunal Supremo ordena derrubar a antiga sede central de Unión Fenosa na Coruña

Ratifica unha sentenza do TSXG, que considera ilegal un céntrico inmóbel que conta agora cun cento de pisos habitados.

Redacción - 10:50 28/08/2009

Antes de marchar definitivamente para Madrid, a eléctrica Unión Fenosa tiña a súa sede no centro da Coruña. Agora aquel edificio, o Conde de Fenosa, emprazado na cotizada rúa de Fernando Macías pode ter os días contados. Segundo informa este venres o xornal La Opinión, o Tribunal Supremo, ao igual que xa fixera antes o TSXG, conformou que a licenza en 1997 concedeu o Concello da Coruña para reformar o antigo edificio da eléctrica non se axusta á legalidade.
   
En 2007, o goberno local, nun intento de evitar o derrube, pediu nos tribunais que se tivese en conta que o edificio está totalmente habitado. O Supremo entende que non hai razóns para non proceder ao seu derrube.

A ilegalidade urbanística débese, segundo establece a sentenza, a que, cando se outorgou a licenza a Fadesa (empresa promotora), estaba vixente o planeamento de 1985, que prohibía expresamente traballos máis aló do mantemento naqueles inmóbeis que estivesen fóra de ordenación. Unha veciña, que se considerou agraviada pola licenza, iniciou a batalla xudicial.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: