Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Autodeterminación, na Semana Galega de Filosofía

A Aula Castelao de Filosofía ultima os preparativos para celebrar unha nova edición da `Semana Galega de Filosofía', que este ano estará adicada ó tema da Autodeterminación. Entre as personalidades que teñen confirmada a súa presencia está o premio Nobel de Literatura, o portugués José Saramago. As conferencias terán lugar entre o 5 e o 9 de abril no Pazo de Congresos de Pontevedra.

- 13:04 25/03/1999
Tags:

Domingos Antón García Fernández, coordinador da Aula Castelao de Filosofía, dá as últimas pinceladas á organización da `Semana Galega de Filosofía' que ten ó tema da Autodeterminación como elemento sobre o que xirará a intervención de tódolos poñentes entre os que estará o premio Nobel, José Saramago ou o ensaísta, Javier Sádaba, encargado este ano de pecha-las xornadas. Entre as conferencias previstas salientan a da antropóloga Dolores Juliano quen falará dos modelos de nacionalidade e identidade; José María Ripalda Crespo, versará sobre a historia da autodeterminación. Tamén se analizará a realidade galega e para elo debatiranse temas como as relacións internacionais, a Constitución, a economía ou a Cultura con poñentes da talla de J. Fernández Leiceaga, X. Vilhar Trilho, X.L. Méndez Ferrín, R. Baltar ou F. Rodríguez.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: