Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A VINDEIRA FIN DE SEMANA

Os prognósticos auguran un goberno socialdemócrata en Xapón logo de décadas de executivos conservadores

Segundo todas as enquisas, o Partido Democrático superará ampliamente ao liberal. O cambio podería mudar as alianzas estratéxicas en Asia.

Redacción - 11:25 23/08/2009

Dende que se fundou en 1955, o Partido Liberal Democrático puxo e quitou presidentes agás nun breve período da década dos 90. Esta formación política, de orientación conservadora e firme aliada de EUA na zona, vive un enorme desgaste debido, en boa parte, á crise económica que golpea especialmentes ás capas baixas e medias da sociedade xaponesa. Ningunha enquisa coida que os liberais de Taro Aso poidan volver formar goberno logo dos comicios que se celebrarán a vindeira fin de semana.

Algunhas sondaxes chegan a darlle 300 dos 480 escanos ao Partido Democrático de Xapón, que lidera Yukio Hatoyama. A organización, fundada en 1998, ten unha vocación máis socialdemócrata, aínda que está formada por unha amalgama de cadros entre os que non faltan numerosos ex dirixentes liberais.

Os partidarios de Hatoyama propugnan unha mellor relación con China e unha menor dependencia dos ditados de Washington, que dende a Segunda Guerra Mundial tivo unhas relacións privilexiadas neste país.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: