O portador do documento poderá acollerse a descontos nos establecementos comerciais que se acollan á iniciativa.
A Secretaría Xeral para o Turismo anunciou que traballa na edición dun 'pasaporte Xacobeo' dirixido aos peregrinos que se achegan á capital de Galiza. O documento servirá para obter descontos ao mercar en establecementos dos municipios polos que pasa o Camiño de Santiago.
Á iniciativa poderán adherirse todo tipo de negocios que decidirán a porcentaxe do desconto. Os peregrinos recibirán canda o documento un libro con información da característica e desconto de cada local. O pasaporte poderá recollers enos albergues e nos establecementos colabores co Xacobeo 2010
Dende a Secretaría Xeral para o Turismo queren que o pasaporte sexa válido entre xaneiro e marzo e máis entre outubro e decembro de 2010 para “desestacionalizar” así o turismo, que se concentra na primavera e no verán.