O Igape salienta que o Plan re-Móvete logrou que Galiza sexa unha das comunidades cun maior número de novas matriculacións.
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) anunciou que vai aumentar en dous millóns de euros (até chegar aos 10) as axudas para “dinamizar e estimular a compra de vehiculos en Galiza”. Dende este organismo que depende da Consellaría de Economía sinalan que as axudas conxuntas da Xunta e do goberno español lograron que se reactivase o mercado automobilístico e que Galiza se convertese nunha das comunidades que está rexistrando maior número de matriculacións.
O Plan re-Móvete é compatíbel co plan deseñado hai tres meses polo executivo de Rodríguez Zapatero. As axudas chegan até os 1.500 euros no caso dos vehículos comerciais. No que respecta aos turismos, os vehículos cun custe comprendido entre os 10 mil e os 30 mil euros teñen unha subvención directa de 700 euros. Os vehículos cun custe menor aos 10 mil euros teñen unha axuda de 500 euros.