Logo de acumularen un longo período de caída, o PIB do motor económico europeo alemán e mais o francés, chimpan cara a arriba un 0,3%.
Investimentos públicos e consumo interno serían os avais do creceemento do 0,3% no Produto Interior Bruto alemán durante o segundo trimestre do ano, segundo a comunicación realizada pola oficina federal estatística daquel país. Un indicador que tamén repara no mellor balance do comercio exterior de Alemaña.
A volta a números positivos é compartida con Francia, que tamén entre abril e xuño experimentou un repunte similar na súa evolución económica. Ambos os dous serían signos, logo de catro períodos trimestrais apuntando números negativos, e segundo comezan a avaliar algúns analistas, mais con cautela e debido á presenza doutros indicadores menos optimistas, de que a recesión na eurozona estaría virando cara a unha lixeira recuperación económica. Un dato que, con todo, é
Para ampliar: